ELAS TAMÉN PINTAN: 4 MULLERES ARTISTAS VISTAS POL@S NEN@S OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS en Semana Santa.
Un neno preguntoulle á súa mamá:
“Mamá, por que todos os pintores famosos son homes?
Mamás, papás, se vos encontrades cunha situación semellante, aquí van 4 nomes de mulleres que transformaron o mundo da arte.
4 mulleres de distintas disciplinas que nos permiten contar a historia doutra maneira.
4 mulleres que coñeceremos a través das súas obras, pensando e xogando con elas.
Louise Bourgeois (Francia. Escultura)
As súas esculturas de araña, feitas en homenaxe á súa nai que era tecedora, son a súa seña de identidade, por iso é que a chaman a “muller araña”.
Bourgeois traballa cos sentimentos.
As arañas teñen un exterior duro, forte, pero un interior brando, fráxil. Nós tomaremos a súa peza escultórica “Araña”, e con ese personaxe como protagonista crearemos e representaremos colectivamente unha breve historia que fale dese contraste: fortaleza-fraxilidade.
Yayoi Kusama (Xapón. Pintura, Escultura, Instalación)
Kusama é precursora de movementos como a Arte Pop ou o Minimalismo.
Kusama traballa coas súas propias emocións.
As súas instalacións, nas que predominan a cor, o patrón e a repetición, mostran a diversidade do seu mundo interior.
Crearemos colectivamente unha instalación na que o propio corpo e as propias emocións, cheas de cor e diversidade, serán o obxecto artístico.
Maruja Mallo (España. Pintura)
Unha das figuras máis importantes da Xeración do 27 en España. Artista revolucionaria que formou parte dos grandes movementos de avangarda xunto a Dalí, Lorca ou Alberti.
Mallo traballa o retrato cunha aguda e profunda percepción psicolóxica e emotiva.
A través dos retratos de Maruja Mallo, traballaremos a expresión de emocións e a xestualidade. Crearemos unha sinxela performance con esas persoas retratadas que saen do cadro para contar a súa historia.
Frida Kahlo (México. Pintura)
Kahlo combina na súa obra, dun xeito moi persoal, surrealismo, estilo naïf e folclórico.
Frida viviu unha existencia intensa e dura, marcada pola enfermidade e a dor: a pintura foi o instrumento para expresar esa dor e para rebelarse contra ela.
Con Frida traballaremos a arte como instrumento de expresión e liberación de emocións.
Crearemos unha breve performance na que un neno/a representará un ser humano, e os demais expresarán/personificarán as súas emocións.
DÍAS E HORARIO: Do LUNS ao VENRES 5 / De 9 a 14h
[INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA] O obradoiro desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela). A inscripción debe facerse previamente enviando un mail cos datos dos nenos/as, idade, datos da nai ou o pai, número de telefono de contacto, ao correo espacio.olalab@gmail.com, / con asunto: Semana Santa 2018
APORTE DE MATRÍCULAS: 80€
(reducción do 10% si te apuntas a dous e 20% si te apuntas aos tres módulos)
A actividade realizarase no Espazo de Arte Contemporánea OLaLab Acción Cultural, en Rúa Porta da Pena 10.
Consultas chamando ao 606971859 ou mandamado mail a espacio.olalab@gmail.com
Prazas limitadas!!!! Reserva a túa
Prazas limitadas!!!! Reserva a túa
PROPOSTA A CARGO DE HELGA MÉNDEZ
Directora de MAQUINARIAS TEATRO desenrola distintas facetas do seu traballo (actriz, directora, docente, vocalista…) cara ao xogo: a xogar coas palabras e coas imaxes, a xogar co corpo e a voz, a xogar a ser outras…
Actualmente:
Dirixe os grupos de teatro amador para adultos O Maxolo e Bartoleta Teatro
Traballa como actriz nas compañías profesionais Maquinarias Teatro e Vilano Produccións.
Docente e coordinadora de actividades para nenos e nenas con Maquinarias Teatro para a Xunta de Galicia, e outras entidades.
Forma parte do PROXECTO GULUBÚ, concerto acústico para nen@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario